martes, 14 de mayo de 2013

"CORO SOLIDARIUM" I.E.S. Terra de Trasancos

Este ANPA financiou as camisetas dos membros do coro que dirixe a profesora de música Graciela e que utilizarán para as distintas actuacións.

Dáselles a posibilidade de adquirilas, os socios da ANPA teñen un prezo especial; a outra opción é o sistema de préstamo.

Se estades interesados/as nelas, pasade pola ANPA.