martes, 9 de junio de 2015

PROXECTO BANCO DE LIBROS: "NINGÚN NENO SEN LIBROS"

Bos días!!!

Na Asamblea celebrada onte, 8 de xuño de 2015, na que contamos coa presenza do Director Cristóbal, acordamos colaborar co Centro para intentar manter o máximo número posible de libros de texto para o vindeiro curso académico 2015-2016 pese aos importantísimos cambios provocados pola aplicación da LOMCE, o que repercutirá moi negativamente nos nosos petos: RECORTES NAS AXUDAS para a adquisición e só para algúns cursos, así como, a condición ineludible de  DEVOLVER AO CENTRO TODOS OS LIBROS ADQUIRIDOS co cheque da Xunta.

E IMPRESCINDIBLE contar coa vosa total colaboración para conseguir levalo a cabo polo que vos pedimos que revisedes e devolvades todos os libros que vos prestamos para este ano e intentedes conseguir todos os que poidades

Nos vindeiros días iremos informándovos sobre:
  • As datas de recollida e entrega dos libros
  • Todo o que vaiamos sabendo sobre os cambios provocados pola aplicación da LOMCE

¡¡¡¡ INVOLUCRÁDEVOS EN BENEFICIO DE TOD@S !!!!