martes, 8 de septiembre de 2015

BANCO DE LIBROS

Bos Días!!!

En relación ao reparto dos libros para todos os cursos da ESO, temos novidades:

1) Os alumn@s de 2º e 4º da ESO que se apuntasen no mes de Xuño ao FONDO DE LIBROS do Centro, terán os libros que lles piden aportados polo Instituto.
O resto, beneficiaranse do BANCO DE LIBROS DA ANPA que tamén lles repartirán os profesor@s de cada materia.

2) Os alumn@s de 1º e 3º da ESO, naquelas asignaturas nas que se manteñan os libros de edicións anteriores, tamén será o Centro o encargado de repartilos (tanto os do propio Centro como os da ANPA).
Os das edicións do 2015, teredes que mercalos, pero ESPERADE AO COMEZO DAS CLASES para facelo.

PD: Para evitar confusións:

- FONDO DE LIBROS: Ë o formado polos que tivechedes que entregar no Centro e que adquiríchedes con cheque.

- BANCO DE LIBROS: É o xestionado pola ANPA con libros doados polos alumn@s.